martes, 31 de xaneiro de 2023

3ª SESIÓN

 30 de xaneiro de 2023. Chegou unha nova xuntanza do Club de Lectura Manga no IES Pedro Floriani. Logo da reunión habitual no salón de actos do noso centro, onde comemos en compañía uns dos outros, demos a coñecer a aula virtual do Club Manga para transmitir a información interna ao resto de membros.

Rematada a comida, xuntámonos na biblioteca onde tivemos tempo para ler os nosos cómics manga favoritos nun clima de cordialidade e entretemento, como dan testemuño as imaxes captadas:


 Logo fixemos unha pequena pausa na nosa lectura para falármonos dos haikus, co obxecto de achegármonos ao coñecemento dos famosos micropoemas xaponeses. A nosa intención foi animarvos a participar no concurso de microrrelatos e haikus, convocado por Amnistía Internacional Vigo. Os haikus que elaborastes co voso xenuíno enxeño, podedes subilo a través desta ligazón.

 


 

Ao tempo, a profesora Inés comentouvos a iniciativa do cosplay, dada a proximidade do Entroido e quixemos saber cantos de vós estariades interesados en participar na viaxe á Expotaku da Coruña, o vindeiro 26 de maio. A acollida e a recepción das propostas foi satisfactoria. 

E agora....seguimos desexosos de coincidir con vós no seguinte encontro.




KOKORA