sábado, 27 de maio de 2023

VISITA Á EXPOTAKU DA CORUÑA

 Chegou o momento que moitos de vós agardabades: o 26 de maio de 2023. Ás 09.00 h. concentrámonos no IES Pedro Floriani e dirixímonos en autobús ao Recinto Ferial de ExpoCoruña. Dende as 11.00 ata as 17.00 estivemos dentro da Expotaku da Coruña. Algúns viñestes cos vosos logradísimos traxes e disfraces elaborados para a ocasión. Pasámolo ben descubrindo deportes que descoñeciamos coma o quidditch ou o jugger. Visitamos os diferentes postos son produtos gastronómicos orientais, con láminas de debuxo (algúns deles elaborados con café), libros, cadernos e agasallos de diferente tipo... e, por suposto, moita diversión. Agardo que vos animedes a escribir unha entrada coas vosas apreciacións e recordos deste evento.


 






SESIÓN 24 de abril

 Logo do intervalo da Semana Santa, volvemos reunirnos o Club Manga. Logo da nosa habitual confraternización vendo un filme anime, adentrámonos no universo dos cómics. Desta volta relacionamos os cómics manga co lectura d'A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado. As vosas achegas e intercambios de opinión foron, como é frecuente, moi atinados. Velaquí unha selección de imaxes deste encontro:






KOKORA