Velaquí unha nova reunión do Club de Lectura Manga, o 27 de febreiro. Desta volta, logo da nosa habitual sesión de lectura silenciada dos nosos cómics manga favoritos, asistimos a unha exposición oral dos origamis a cargo de dúas alumnas de 1º ESO, Emma e Noa.
Contaxiados pola ilusión e emoción das nosas conferenciantes, todo o grupo nos puxemos -con maior ou menor fortuna- a elaborar as nosas creacións.