O día 24 de outubro comezamos a poñer en funcionamento o Clube de Lectura de Cómic Manga no IES Pedro Floriani. A acollida non puido ser mellor, pois chegamos aos 40 participantes, contando con alumnado de 1º ESO, 2º ESO, 4º ESO e Bacharelato. Moitas grazas pola vosa enerxía e ilusións.
O ansiado momento do inicio do Clube de Lectura comezou ás 14.30. A esa hora xuntámonos no Salón de actos e, mentres comiamos, contemplamos un fragmento do anime A viaxe de Chihiro.
Arredor de 45 minutos máis tarde, dividímonos en dous grupos: o alumnado de 1º ESO e 2º ESO desprazouse á biblioteca do centro coa incombustible Inés e con Santi; polo contrario, o alumnado de 4º ESO e Bacharelato desprazouse a outra aula cos docentes Pablo e Marta.
Nesta sesión introdutoria tivemos a oportunidade de ler os cómics manga cos que conta o centro, de escoitar os vosos grandes coñecementos sobre anime e manga e, finalmente, suxerístenos algúns títulos para adquirilos:
2. Shin Chan
6. Dr Slump
7. Komi-san no puede comunicarse
Pola súa banda, o alumnado de 4º ESO e Bacharelato realizou entusiastas comentarios sobre as súas vivencias en exposicións relacionadas coa cultura manga e anime como, por exemplo, a ExpoOtaku ou a Japan Weekend. Os seus comentarios estiveron apoiados por proxeccións no encerado dixital.
Grazas por esta primeira reunión ilusionante. Volvémonos ver o 28 de novembro.
Viva a lectura compartida.
ResponderEliminar